Franklin D. Roosevelt |
Biografía |
---|
Nacemento | (en) Franklin Delano Roosevelt 30 de xaneiro de 1882 Hyde Park, Estados Unidos de América |
---|
Morte | 12 de abril de 1945 (63 anos) Little White House, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | hemorraxia cerebral |
---|
Lugar de sepultura | tumba de Franklin Delano e Anna Eleanor Roosevelt |
---|
|
|
32º Presidente dos Estados Unidos de América |
---|
|
|
4 de marzo de 1933 – 12 de abril de 1945 (finado no cargo) ← Herbert Clark Hoover – Harry S. Truman →
|
26º Presidente electo dos Estados Unidos |
---|
8 de novembro de 1932 – 4 de marzo de 1933 ← Herbert Clark Hoover – Dwight D. Eisenhower →
|
44º Gobernador de Nova York |
---|
|
1 de xaneiro de 1929 – 31 de decembro de 1932 ← Al Smith – Herbert H. Lehman → |
Secretario Asistente da Armada |
---|
17 de marzo de 1913 – 26 de agosto de 1920 ← Beekman Winthrop – Gordon Woodbury → |
Member of the State Senate of New York (en) |
---|
|
|
1 de xaneiro de 1911 – 17 de marzo de 1913 |
Capitán Xeneral de Filipinas |
---|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Nova York |
---|
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
---|
Relixión | Igrexa episcopal nos Estados Unidos e Protestantismo |
---|
Educación | Columbia Law School (en) (1904–1907) Groton School (–1900) Harvard College |
---|
Altura | 189 cm |
---|
Lateralidade | destro |
---|
Actividade |
---|
Lugar de traballo | Washington, D.C. |
---|
Ocupación | estadista |
---|
Partido político | Partido Demócrata |
---|
Lingua | Lingua inglesa, lingua alemá e lingua francesa |
---|
Carreira militar |
---|
Lealdade | Estados Unidos de América |
---|
Rama militar | Forzas Armadas dos Estados Unidos de América |
---|
Conflito | Primeira guerra mundial e segunda guerra mundial |
---|
Deporte | golf |
---|
Obra |
---|
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Familia | Familia Roosevelt |
---|
Cónxuxe | Eleanor Roosevelt (1903–1945), morte da persoa |
---|
Fillos | Elliott Roosevelt, Anna Roosevelt Halsted, James Roosevelt, John Aspinwall Roosevelt, Franklin Delano Roosevelt Jr., Franklin Delano Roosevelt |
---|
Pais | James Roosevelt e Sarah Ann Delano Roosevelt |
---|
Irmáns | James Roosevelt Roosevelt |
---|
Parentes | Theodore Roosevelt (curmán quinto) |
---|
Premios |
|
|
|
|
|
|
Franklin Delano Roosevelt, nos EUA coñecido ás veces polas súas siglas FDR, nado o 30 de xaneiro de 1882 en Hyde Park (Nova York) e finado o 12 de abril de 1945 en Warm Springs (Xeorxia), foi o 32º presidente dos Estados Unidos, cargo que exerceu dende 1933 ata o seu falecemento. Foi unha figura importante nos eventos mundiais de mediados do século XX e liderou os Estados Unidos durante un período de crise económica e guerra mundial.
Membro do Partido Demócrata, gañou catro eleccións presidenciais consecutivas, converténdose nunha figura central dos acontecementos mundiais da primeira metade do século xx e no presidente que máis tempo permaneceu no cargo na historia do país. Nas súas dúas primeiras lexislaturas, Roosevelt presidiu o goberno federal durante a maior parte da Gran Depresión e puxo en marcha un ambicioso programa nacional coñecido como New Deal ("Novo Pacto" ou Acordo), en resposta á peor crise económica na historia dos Estados Unidos. Líder indiscutible do seu partido, forxou a chamada «Coalición do New Deal», que definiu as liñas mestras da política e o liberalismo moderno nos Estados Unidos das tres décadas posteriores. O seu terceiro e cuarto mandato estiveron marcados pola entrada dos Estados Unidos na segunda guerra mundial, que terminou apenas uns meses despois da súa morte no cargo.
Foi o presidente que sacou o país da Gran Depresión e o presidente da segunda guerra mundial. Tras o ataque xaponés a Pearl Harbor o 7 de decembro de 1941 puido asinar a declaración de guerra en sesión conxunta da Casa de Representantes no capitolio.
Era parente do tamén presidente dos Estados Unidos de América Theodore Roosevelt.